Scroll to top
© 2024, Fundación Hospital Asilo de Vilalba
Comparte
  • Rúa Plácido Peña, 86 - 27800, Vilalba

Fundación Hospital Asilo de Vilalba

QUEN SOMOS

A Fundación Hospital Asilo de Vilalba é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, declarada como fundación de interese galego pola Xunta de Galicia, atendendo aos seus obxectivos, recollidos nos Estatutos da Fundación, e aos medios para acadalos.

A Fundación ten carácter permanente, duración indefinida e o seu ámbito territorial principal de actuación é o da Comunidade Autónoma de Galicia.

A SEDE

O labor da Fundación desenvólvese en dous centros:

 A Residencia de Persoas Maiores de Vilalba, na que se presta atención socio-sanitaria integral a persoas maiores.

A Unidade Terapéutica de Alzhéimer, na que se dá servizo de atención terapéutica diúrna a persoas con Alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas.

Ambos os dous centros teñen a súa sede, en edificios anexos, na vila de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo.

Na xestión e mantemento destes centros e na prestación dos servizos que neles se levan a cabo interveñen os seguintes equipos de persoas.

O PADROADO

É o órgano de goberno, representación e administración da Fundación. A súa composición vén determinada polos seus estatutos.

PERSOAL

O persoal laboral está organizado en grupos de traballo para a prestación dos servizos e a súa xestión. A Fundación conta cunha área de dirección administrativa e con diversos equipos especializados na prestación de servizos de atención socio-sanitaria. Un cualificado equipo de profesionais de atención directa atende os coidados diarios das persoas usuarias, que tamén reciben, a atención e vixilancia de especialistas en medicina e enfermería, fisioterapia, psicoloxía, traballo social, terapia ocupacional e educación social.

VOLUNTARIADO

Para a prestación de servizos os grupos de traballo da Fundación contan co prezado apoio do noso Grupo de Voluntariado, aberto a toda a cidadanía.

DOADORES

A Fundación conta co prezado apoio económico das aportacións dun Grupo de Doadores aberto a toda a cidadanía, empresas e institucións publicas.