A historia da Fundación non se pode entender sen contar as nosas orixes, que se remontan aos primeiros anos do século XX.
A sede actual da nosa Residencia ten as súa orixe no ano 1909. Nese ano, como se recolle na acta fundacional, diversas personalidades da sociedade vilalbesa da época crearon unha Comisión executiva para promover a construción dun hospital Asilo. A comisión administraba as numerosas aportacións dos veciños da comarca, das asociacións de emigrantes chairegos en América Latina e das institucións públicas.
Pasaron máis de dúas décadas ata que o edificio estivo construído. Pouco despois, con data 1 xuño de 1932, como se recolle no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, o goberno concede o rango de Beneficencia particular ao hospital Asilo, para a que confire o Padroado provisional á Comisión executiva dese período.
O comezo da actividade asistencial no hospital Asilo non tivo lugar ata o mes de xullo de 1937. Co inicio da actividade asistencial, o Padroado encomendou a unha congregación de relixiosas Franciscanas a administración do hospital Asilo. Desde entón e por moitos anos, as monxas Franciscanas fixéronse cargo da administración do hospital Asilo.
Se estás interesado en coñecer a nosa historia desde os primeiros anos do século XX ata a primeira década do século XXI, podes consultar os estudos recollidos en dous libros, un do historiador e ex secretaro da Fundación, Pombo Mosquera (2010), e outro de tres recoñecidos vilalbeses Pena López, P.; Pena López, X. M. e García Leira, J. M. (2010). Neles atoparás os detalles dalgunhas das numerosas efemérides da nosa Fundación. Amosamos a continuación as máis destacadas, que esperamos esperten o teu interese por coñecernos mellor.
Efemérides históricas
Bibliografía