Scroll to top
© 2024, Fundación Hospital Asilo de Vilalba
Comparte
  • Rúa Plácido Peña, 86 - 27800, Vilalba

Doadores


Faite doador/a

A Fundación conta co prezado apoio económico das aportacións dun Grupo de Doadores aberto á toda a cidadanía, empresas e institucións públicas.

As achegas económicas teñen como fin a consecución dos obxectivos fundacionais.

Calquera persoa física ou xurídica pode pertencer ó Grupo de Doadores da Fundación de dúas maneiras (non excluíntes):

Facendo unha achega económica puntual.

Neste caso será considerado como un doador puntual ou non afiliado.

Achegando unha cantidade económica anual ou cota de doador.

Neste caso, adquirirá a condición de doador afiliado ou permanente, o que lle permitirá participar nos órganos de goberno da Fundación e na súa designación, segundo se reflicte nos Estatutos.

Todas as achegas realizadas a favor da Fundación Hospital Asilo, gozan dos incentivos fiscais establecidos no Réxime fiscal dos donativos, doazóns e aportacións realizadas a favor das fundacións ás que lles sexa de aplicación o réxime fiscal previsto no Título II da Lei 49/2002.

Facerse doador é moi sinxelo. Se está interesado, cubra o formulario que se facilita a continuación.

Para calquera dúbida que lle xurda, contacte con nós, estaremos encantados de atenderlle.

A Fundación Hospital Asilo de Vilalba agradécelle a súa colaboración.

Formulario de Doador



    En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a Fundación informa que todos os datos aquí recollidos serán tratados de maneira confidencial. En calquera momento poderá acceder, rectificar, cancelar ou opoñerse ao tratamento dos seus datos dirixíndose á Fundación Hospital Asilo de Vilalba; Avda. Plácido Peña, 102, 27800 Vilalba; Lugo ou escribindo ao correo electrónico residencia@fhav.org.

    Se o prefire, pode facer a súa aportación mediante transferencia bancaria ás contas:

    ABANCA

    ES05 2080 0148 6930 0001 3833

    BBVA

    ES20 0182 0629 6800 0004 8946