Scroll to top
© 2021, Fundación Hospital Asilo de Vilalba
Comparte
  • Rúa Plácido Peña, 86 - 27800, Vilalba

Renovación do Padroado 2022

A Fundación Hospital Asilo de Vilalba, ó abeiro dos seus estatutos, anuncia a próxima reunión quinquenal da Asemblea de Doadores, persoas que contribúen cunha cota anual á consecución do obxectivo fundacional.

Prégaselle ós/ás integrantes desta Asemblea teñan a ben asistir á reunión embaixo consignada, co fin de tratar o asunto recollido no único punto da orde do día.

O Presidente da Fundación,
Carlos Zoilo López Eimil
En Vilalba (Lugo), a 3 de xaneiro de 2022

 

ORDE DO DÍA

  • Elección de novo Padroado

Lugar: salón de actos da Fundación
Día e hora: 21 de xaneiro de 2022 ás 19:30 horas

 

Os requisitos para a presentación de candidaturas pódense consultar nos Estatutos da Fundación, dispoñibles no seguinte enlace  Estatutos FHAV.

Para calquera información adicional, contactar coa Fundación, con sede na avenida Plácido Peña, 86, de Vilalba (Lugo), teléfono 982 510 006 e correo-e padroado@fhav.org.